Recepción en Ribadeo á piragüista Elena González, campioa galega e subcampioa de España en Muller Infantil BK 1

A deportista ribadense tivo palabras de agradecemento para a súa familia por apoiala e acompañala ás competicións nas que participa, para o seu adestrador e tamén para a súa compañeira de adestramentos pola motivación que lle supón.


O salón de plenos do Concello acolleu este mediodía a recepción ofrecida á piragüista Elena González, despois de proclamarse Campioa Galega e Subcampioa de España en Muller Infantil B K1 3000m.

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e o alcalde, Fernando Suárez, destacaron a dureza do piragüismo, dos seus adestramentos, felicitaron a Elena González e animárona a seguir competindo e a compatibilizar esta paixón polo deporte cos seus estudos. A deportista ribadense tivo palabras de agradecemento para a súa familia por apoiala e acompañala ás competicións nas que participa, para o seu adestrador e tamén para a súa compañeira de adestramentos pola motivación que lle supón.

Elena González estivo acompañada neste acto pola súa familia, polos concelleiros de Desenvolvemento Local, Servizos Sociais, Cultura e Deportes, Pablo Vizoso, Mónica Freira, Pilar Otero e Jorge Díaz, polo técnico de Deportes, Iván Rodríguez, polo secretario do Club Altruán, José Ángel Fernández, e polo seu adestrador, Ramón Cabodevila, quen destacou a súa capacidade de organización para adestrar seis días á semana, estea como estea o mar, para estudar e para quedar coas súas amizades.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here